PRESENTACIÓN
PROGRAMA
COMPAÑIAS 2010

Do 18 ao 24 de MAIO de 2009

10

 

 

 

ANIMA SONHO     (Brasil)

Este teatro de bonecos foi creado en Marzo de 1984 polos xemelgos Tiarajú e Ubiratan Carlos Gomes na cidade de Porto Alegre. Hoxe en día, con nova formación, manteñen o seu estilo inconfundible que alcanza unha notable comunicación con calquera  tipo de platea.
A farsa, a festa, a brincadeira, a comedia, a improvisación .. é o camiño dos mamulengueiros do nordeste brasileiro, camiño moi similar ao que percorren Ubiratan e Cacá Sena ( o seu novo parceiro).

 

 

“Bonecrónicas”    (Bonecos de luva e Manipulación directa)

Montaxe creada para conmemorar os dez anos de actividade de Compañía. Está composto de pequenos números e historias que foron recollidos nun  período no que o grupo viaxou intensamente por América Latina. Son breves relatos e números musicais inspirados en deseños animados,  tebeos, gags de circo e longas conversas con grandes Mestres do teatro de bonecos como Javier Villafañe, Guaira Castilla, os irmáns Di Mauro e tantos outros.

Representacións:

23.5.09: 19 hs. Praza ReverianoSoutullo 
24.5.09: 21 hs . Praza do Concello

23. AS 23,00. Café O BARCO (ENTRADA: 3 Euros)

 

 

 


 

EL TITIRITERO DE BANFIELD

(Arxentina)


Oriundo de Banfield, na provincia de Bos Aires e cunha traxectoria recoñecida, Sergio Mercurio é un actor que trasladou diálogos e vivencias cos seus monifates fóra das fronteiras arxentinas dende 1992.
Despois dunha viaxe de 12 anos nos que percorreu 16 países do continente americano, naceu o espectáculo que presenta en Redondela, a súa segunda montaxe con bonecos para público mozo e adulto, do que é escritor, director e manipulador.

 

 

“En Camino”(Varias técnicas)

Un monifate rebelde (Bobi) cuestiona a viaxe que quere iniciar o seu manipulador.Xa dende o primeiro número a frescura e viveza da relación entre o manipulador e os  bonecos engaiola polo seu desenvolvemento e naturalidade. Despois virá a avó Margarita, quen leva á platea a súa teima por formar parellas; e logo  chega Beto: bébedo pelexador que transformará o teatro nun bar.

Representacións:  Día 21.5.09: 10 hs. Escolares . Auditorio Multiusos Chapela.
                              Día 21.5.09: 21 hs.. Auditorio Multiusos Redondela. + 10 anos

Día 22.5.09: 10 hs. e 12 hs. Escolares. Auditorio Multiusos. Redondela

 

 

THEATRE DE RUE DYNAMOGÈNE     (Francia)

“Espectáculos peores que os soños dos nenos”

Este é o singular lema desta compañía que leva producindo estes espectáculos dende 1995. A súa particular maneira de facer montaxes, sempre para ser representados na rúa, ten como punto de partida a construción de grandes xoguetes a tamaño natural, onde a poesía da maquinaria sostense no xogo absurdo máis profundamente humano dos personaxes

 

 

 

 

“La Cymbalobylette”


Un enxeño musical híbrido. Unha máquina musical móbil.Unha auténtica batucada mecánica que funciona exclusivamente con enerxía muscular. A estética utilitaria do conxunto inspírase no maquinismo agrícola dos anos tolos. Dous primos descenden da súa montaña para presentar a máquina do seu tatara-tatara avó.


Representacións:   23.5.09: 18 hs. Paseo de A Xunqueira
                                            19 hs. Praza da Constitución
                                            21 hs. Rua Alfonso XII
                                           
                             24.5.09.  17 hs.  Ruas Alfonso XII e Ribeira
                                            19,30 hs. Rúa Ribeira
                                            22 hs. Praza da Constitución

 

 

 

“Mr. Culbuto”


Esta intervención de rúa presenta un xoguete vivo que agarda desesperadamente que a xente se divirta con el. Son 320 quilogramos  de poesía en bruto que son levados de acá para alá, posandose de cando en vez nun espazo, durante uns minutos, e ofrecéndose ao xogo cos espectadores: móvese como por arte de maxia, axítase, balancea…É o momento de xogar: é un xoguete.

Representacións:

23.5.09: 17 hs. Ruas Alfonxo XII-Ribeira
           20 hs. Rua Ribeira – Xardins Alameda 

                
      24.5.09.  18 hs.  Ruas Alfonso XII e Ribeira
           20,30 hs. Ruas Alfonso XII e Ribeira

 

 


 

DITTOUTT     (Benin)


A compañía africana que nos visita nesta ocasión procede da República de Benin e foi creada por Grégoire Vissehó, quen fora alumno do famoso marionetista Danaye de Lomé. É creador e director dos seus propios espectáculos nos que emprega marionetas feitas con cabazas, espigas de pero  e tecidos: sempre empregando os materiais máis próximos como é común na maioría dos titiriteiros africanos.
E tamén aportan outro sinal  ben característico do seu continente: a mestura escénica de marionetas e música: a percusión sempre presente nas súas historias tradicionais.

 

 

“O circo africano”     (Marionetas de fíos)


¿Cómo foi que os humanos aprenderon a bailar? Dí a tradición que  da observación e imitación dos movementos dos animais naceron tódalas danzas espalladas polo mundo.
Neste espectáculo, veremos pois moitos animais danzantes, despois homes,  nenos, e mesmo tamén algún espíritus: o Vodouns, os Kulitos (aparecidos) moi coloridos, os Zangbetós cubertos de rafia…

Representacións:   23.5.09: 18 hs. e 20 hs.Praza da Alfóndiga
                              24.5.09: 17,30 hs. e 19,30 hs. Praza da Alfóndiga

 

 

 

LOS TITIRITEROS DE BINÉFAR      (Aragón)

Máis de 30 anos contemplan a frenética actividade do grupo máis representativo dos títeres aragoneses e do seu teatro feito sempre para tod@s: para nen@s tratados como persoas sensibles e intelixentes e para @s adult@s que aínda gardan un burato para a tenrura e para o xogo festivo do teatro.
Paearon os seus moñacos todos lados: dende o Museo Guggenheim de Nova Iorque ás favelas de Sao Paulo, dende a Quincena Musical de San Sebastián aos Residenciales de Porto Rico, dende o Festival de Cannes ós cárceres e psiquiátricos de Lleida, Zaragoza e Huesca
.

 

 

“Dragoncio     (Bonecos de luva)


Esta versión dos contos de Princesas e dragóns que presentan Los Titiriteros disfruta de catro bos ingredientes: a graza e a frescura dos sempre efectivos títeres de cachiporra; a forza da música tradicional interpretada en vivo con instrumentos singulares e emblemáticos: unha interpretación lúdica, festiva e disparatada e un fermoso deseño de bonecos e escenografía, creados por Ricard Monrós e inspirados no cómic e na arquitectura curvilínea de Gaudí. Imaxinación e xogo para trastornar e subverter aquilo que nos desgusta.


Representacións:  Día 21.5.09: 10 hs. e 12 hs.Escolares. Auditorio Multiusos Redondela
                              Día 22.5.09: 10  hs. Escolares. Auditorio Multiusos. Chapela

Día 23.5.09: 20,30hs. Casa da Torre. Redondela.

 


 

 

“El hombre Cigüeña”   (Manipulación de obxectos)


Un carrilano ou transeúnte, axudado de rudos e primitivos obxectos relata a historia da balsa onde pesca unha cegoña. El mesmo cre ser unha cegoña. Canta: “Soy carrilano, ave de paso, mientras me quede una pluma seguiré volando”

O espectáculo supón unha viaxe á esencia dos monicreques e afonda na relación entre boneco e bonequeiro, onde Alberto Gambino é o creador da música .
Foi premiado como mellor espectáculo de Sala na Fira de Teatre de Tárrega 2006.

Representación:  Día 22.5.09: 21 hs..

Auditorio Multiusos. Redondela.

 

 

LA CHANA TEATRO      (Castela-León)

Aurea Pérez e Jaime Santos fundaron en Salamanca no ano 1987 esta compañía na procura dun xeito propio de contar historias, tocando moitos paos iso si, pero tendo sempre como protagonistas o obxecto, a palabra, o espazo e a interpretación. O seu traballo fundaméntase na metáfora, e na súa persecución poñen todo o seu empeño, destacando a sinxeleza escénica, a calidade dos textos e a intelixencia da posta en escena.

 

 

“Entre diluvios”     (Manipulación de obxectos)


Unha exhibición maxistral de monólogo, narración oral e teatro de obxectos. O manipulador-narrador propón  unha orixe do mundo disparatada, no que a evolución da sociedade vén marcada por siloxismos aparentemente absurdos que levan á humanidade a conclusións loxicamente absurdas. Os aspectos máis profundos da condición humana son tratados con distanciamento, retranca e humor ácido. Unha particular visión da historia dende Caín ata Noé.

Representacións: Día 20.5.09. 21 hs. Auditorio Multiusos Redondela.

 

 


 

LA GOTERA DE LAZOTEA      (Andalucía)


Máis de vinte anos de traxectoria profesional avalan o traballo de Eva, Juanma e Diego, tres xerezanos que teñen como sinal de identidade a interpretación en directo dos diálogos e músicas, os xogos e as cancións, tanto populares como de creación propia, que asoman de cotío nos seus espectáculos
Dende 1981 as súas realizacións son representadas por toda a xeografía peninsular e no estranxeiro, con grande éxito de crítica e público.

“La mata de albahaca”      (Bonecos de luva e de variñas)


A historia dun príncipe que remata por namorarse  dunha moza cando ela está regando a súa maceta de alfábega. Mais a raíña, chea de desexos de vinganza non pode tolerar que polo simple feito de ser “unha persoa”, unha nena chegue a ocupar un lugar tan importante na vida do seu fillo.
As ideas preconcibidas, a superstición, o uso da violencia, o abuso de poder, son personaxes que van e veñen, depositándose como a lama cando atopan un burato. Só fai falla chamalos.

Representacións: :  23.5.09: 21 hs. Praza casa da torre
                             24.5.09: 13 hs.  Praza do Concello
                                              18 hs.  Praza do Concello   
    

 

 

LIBÉLULA TEATRO     (Castela-León)


A compañía créouse en 1975 e dende entón percorreu  boa parte do mundo participando en festivais de E.E.U.U. Polonia, Irán, Suecia, Rusia, Cuba….
Dende 1993 colaboran ininterrompidamente coa Ruta Quetzal levando o son das súas dulzainas e a maxia dos seus monicreques por multitude de países latinoamericanos.
Son os creadores e organizadores de TITIRIMUNDI, o Festival Internacional de Títeres de Segovia, e activos colaboradores e simpatizantes do noso.

 

 

“Un día de fiesta”     (Música e bonecos de luva)


Tataraneto de Polichinela, de Italia; primo de Guiñol, de Francia, parente de Punch, de Inglaterra; familiar de Kasperl, de Alemaña,  e irmán de leite de don Roberto, de Portugal. Don Cristóbal  é un tipo zumbón ,camorrista, valente ata a temeridade e altivo ou xeneroso segundo  quen teña enfronte.
Este é o personaxe que chegará da man de dulzaineiros , tamborileiros e cabezudos para mostrar a súa presteza e habilidade coa garrota,  aínda que antes haberá que buscalo polas tabernas, na praza de touros, na casa do barbeiro ou no castelo enmeigado que  agocha unha bela cativa.

Representacións:

Día 23.5.09. 12,30 hs. Rua Alfonso XII-Praza do Concello
                     17,30 hs. Ruas Alfonso XII e Ribeira-Praza doConcello
     20,30 hs. Rua Alfonso XII-Praza do Concello


    Día 24.5.09. 18,30 hs. Rua Alfonso XII-Praza Reveriano Soutullo  20,30 hs. Xardíns Alameda

 


 

LOS BUFONES      (Arxentina)


O grupo formado por Marcelo Pablo Fernández e Julieta Esteves combina a antiga arte dos títeres con recursos de actor  empregando bonecos de forte impacto visual  e a dinámica do deseño animado, logrando a atención do público con propostas participativas e actuais e tratando temas universais como a amizade, o amor, os medos, a liberdade…..

“El gran delirio de Anacleto y Cascarrabias” 

(Muppets e bonecos de variñas)


A historia de dous amigos separados á forza por un pirata malvado. Cascarrabias, no afán de rescatar ao seu amigo, afronta  as máis terríbeis situacións ata que, case de casualidade, consegue vencer ao pirata e liberar a Anacleto.

Representacións:  20.5.09. 10 hs. e 12 hs. Escolares. Auditorio Multiusos Redondela

 

 

SCARLATTINE TEATRO-LUNA E GNAC – M. CREMASCHI    (Italia)


Máis que unha compañía formalmente constituída, os artistas italianos  Anna Fascendini, Michelle Eynard e Michelle Cremaschi forman un grupo de amigos que comparten as mesmas inquietudes creativas: a actuación, o deseño, o teatro de rúa, os laboratorios de teatro infantil e para adultos… Unir o teatro e o deseño é a idea orixinal da que parte o seu traballo.
No ano 2004 produciron o espectáculo que presentan en Redondela e durante dous anos visitaron case todas as rexións de Italia. Despois viñeron diferentes recoñecementos e a presentación deste trabalho fora das súas fronteiras, comezando por Suiza e España.

 

 

“Mano Libera”(Deseños e actores)


Unha aborrecente conferencia económica convértese por arte da maxia , mesturando deseño feito en directo e traballo actoral, nunha vertixinosa festa visual chea de fantasía. Os actores somérxense na dimensión dual do deseño, realizado ao vivo e proxectado en tempo real no fondo da escena.
Situacións cómicas e poéticas, moita ironía e mesmo algunha crítica para a sociedade de consumo e as multinacionais nun espectáculo sorprendente e cheo de fascinación.

Representacións:   Día 24.5.09. 17 hs. e 21 hs. De 5 a 99 anos.Auditorio Multiusos Redondela.

 


 

TEATRO PAPELITO       (Eslovenia-Italia)


Papelito é o novo nome de Teatro Papilu, fundado en 1982 por Brano Solce, compañía coa que ten viaxado por toda Europa, Xapón, Estados Unidos. Israel….
O punto de inicio deste teatro de autor é o papel, material simple que ofrece todas as posibilidades de transformación.
Teatro Papelito utiliza a linguaxe visual, as metamorfoses e os símbolos acompañados de sons e música.Conta historias sen palabras, así que os seus espectáculos chegan a ser ,como él mesmo di, “un tipo de animación de papel musical”. 

“Guarda l’uccellino”     (Bonecos de papel)


“Olla o paxariño”  é unha pequena antoloxía dos máis de 25 espectáculos producidos pola compañía, sempre con papel. Dende grandes máscaras tridimensionais de cartón a pequenos acordeóns elásticos, recortando formas para facer sombras, gatos saltareiros….
Xogos de mans e tesoiras para un collage con diferentes historias: o peixe dourado, os tres porquiños….. Máis de 50 criaturas de papel vidas  do mundo dos contos.

Representacións:   Día 19.5.09: 10 hs. e 12 hs. Escolares. Auditorio Multiusos. Redondela.
                              Día 20.5.09: 10 hs. Escolares.Auditorio Multiusos Chapela.
                              Día 23.5.09: 17 hs.  Todos os públicos. Auditorio Multiusos Redondela.

 

 

COMPAGNIE PETITS MIRACLES     (Francia)


É a segunda ocasión na que nos visita Jean Dominique Kerignard có seu Circo de pulgas. A súa compañía saíu do “Magic Land Theatre” de Bruselas en 1996 e dende entón, grazas ao fulminante éxito do seu espectáculo, extremadamente visual e expresivo, non para de viaxar por encontros e festivais de bonequeiros, de teatro, de circo… por todo o mundo.
O traballo da compañía mestura a técnica da manipulación de obxectos , máxico entretemento, cun xogo de actores áxil e cheo de comicidade, dentro da mellor tradición do teatro burlesco.

 

 

“Les puces savantes”   (Manipulación de obxectos)


Alfredo Panzani, antigo domador de feras salvaxes, trocou os seus leóns e elefantes por un grupo de pulgas sabias coas que visita todo o mundo.
Malabaristas, acróbatas, cuspidoras de lume, equilibristas… as pulgas adestradas por Panzani afrontan con elegancia un frenesí de desafíos. E a mellor de todas:Zaza: a pulga voadora quen, con perigo da súa vida, será propulsada no ar grazas a un canón en miniatura.
Un espectáculo en barraca, cheo de humor e poesía.

Representacións: 23.5.09: 13 hs, 18 hs, 19 hs, 20 hs e 21 hs. Xardíns da Alameda.
                           24.5.09: 13 hs, 18 hs, 19 hs, 20 hs e 21 hs. Xardíns da Alameda.

 


 

FIGURENTHEATER RAPHAEL MÜRLE     (Alemaña)


Despois de cursar estudos (1983-1987) na Academia de Música e Arte da Interpretación da Universidade de Sttutgart, no ramo especial de Teatro de Bonecos, Raphael Mürle creou a súa compañía, especializándose en títeres para adult@s. Dende entón , ademais das xiras internacionais, traballa de forma regular no seu propio teatro na cidade de Pforzheim.
O seu traballo destaca polos insólitos temas literarios, pola adaptación de temas musicais e por unha pronunciada linguaxe figurativa.

 

“Cocktails”      (Marionetas de fíos)


O afán polo individualismo é a característica máis sobresaínte da nosa sociedade: cada quen quere ter un aspecto propio e diferente e destacarse das masas o que da lugar moitas veces a comportamentos do máis peculiares.Diso veremos nesta galería de figuras extravagantes suspendidas nun singular estado ilusorio, entre humano e animal. Todas elas coinciden nun local nocturno, formando un conxunto multicolor do noso calidoscopio moderno. Cun leve chiscar de ollo, mostran un espello ao público, no que este vese reflectido de boa gana.


Representación:  23.5.09. 21 hs..Auditorio Multiusos Redondela.

 

 

 

STEF VETTERS    (Bélxica)


A formación deste auténtico artista plástico, interesado dende sempre polo mundo dos bonecos especializouse en teatro de rúa e circo durante varios anos.
Combina a súa habilidade enriba dos zancos, con personaxes altamente elaborados, con figuras onde a orixinalidade e a autenticidade dos materiais empregados e tamén o gusto polo detalle son os aspectos máis salientables.
O traballo que presenta en Redondela valeulle o recoñecemento de moitos festivais internacionais de marionetas e teatro de rúa.

 

 

 

 

 

“Le monde inconnu de Mr. Ottfriedt”


O mundo descoñecido do Sr. Ottfriedt é o universo do derradeiro pastor de dragóns que se pasea polas rúas cun esqueleto de dragón, aínda ben vivo como mostran as laparadas  de lume que vai botando de cando en vez.
O Sr. Ottfriett é o último dunha dinastía de nobres ilustres, señores estimados, dos que moi poucos serán elixidos e capaces de levar o título de pastores ; xa que só despois dunha pesada proba é permitido a un Señor de Dragóns continuar o seu propio camiño.

Representacións :  23.5.09.  18,30 hs. Ruas Alfonso XII - Ribeira
                                             20,30 hs. Ruas Ribeira – Alfonso XII
                                             22 hs.  Xardíns Alameda                                          
                              24.5.09.  17 hs.  Ruas Ribeira - Alfonso XII
                                            20 hs. Ruas Alfonso XII - Ribeira

 


 

TANXARINA TITERES         (Galicia)


Titiriteiros dende 1983, os compoñentes da compañía redondelá son vellos coñecidos nos ambientes teatrais non só de Galicia senón tamén máis alá da Canda e do Padornelo, presentando os seus espectáculos en multitude de festivais europeos e de Latinoamérica.
Gustan de traballar  con todo tipo de técnicas de animación de bonecos: luvas, marionetas, bunrakus, marotes …. mesturados case sempre cun traballo de actor fresco e desenfadado.

 

“Sombreiros sen chapeu”      (Sombras chinas)


Un espectáculo onde a silueta negra é a protagonista, a luz, o espazo escénico e a música  narran as accións. Non hai palabras, substituídas nesta ocasión por unha sutil manipulación dos personaxes que a través de oito pequenos relatos cóntannos historias para o divertimento e contemplación do ollo do espectador.
Veremos a “Charlot” convertido en improvisado patinador; un mago chinés coa troupe de coellos equilibristas, unha sorprendente pedra, un concerto con final calamitoso e moitos personaxes máis.

 

Representacións:   Día 18.5.09: 10 hs. e 12 hs. Escolares. AuditorioMultiusos. Redondela.

 

 

XIP  XAP    (Cataluña)


Dende o ano 1983, no que comezaron a súa actividade na cidade de Lleida, dedícanse prioritariamente ao teatro de animación na rúa, aínda que esta sorte de “artistas totais” son capaces de tocar todos os paos: xa levan dirixido, producido, elaborado, coordinado e interpretado máis de 40 realizacións  de títeres, de pallasos, de animación musical, espectáculos pirotécnicos e de escuma, acción, performances, verbenas infantís…..

“Rum Rum Trasto Karts”


Unha aloucada carreira de coches onde pode pasar de todo. Un condutor malvado porá todas as trampas que ten a man a un científico tolo que, grazas ao seu enxeño, conseguirá atopar solución a todos os enganos. Todo isto comentado por un speaker deportivo que se transformará en mecánico ou valente policía segundo as necesidades de cada momento.


Representacións:   23.5.09: 19,30 hs. Rúas Ribeira e Alfonso XII
                              24.5.09: 19 hs. Rúas Ribeira e Alfonso XII

 


KATAKRAK      (Cataluña)


Un colectivo, un espazo de creación onde inventan e constrúen xogos de gran formato con obxectos e materiais de refugallo industrial o familiar. Traballan sempre con tres conceptos básicos: o xogo, a creatividade e a reciclaxe á procura da estética e dinámica de xogos orixinais.
A Compañía propón espertar a atención d@s participantes na actividade e que estes teñan unha visión máis creativa do feito de reciclar.

 

“L’animalada”     (Xogos participativos)


Nesta peculiar Arca de Noé imos atopar bicicletas transformadas que forman una lagosta (de campo) xogando ós birlos; un bombo de lavadora con forma de peixe que come rodamentos; un pingüín feito con cazos e olas; un flamengo feito con parachoques que se obstina en refacer una flor murcha…
A dinámica do xogo baséase en conseguir un obxectivo curioso e alcanzable combinando a súa forma e movementos coas habilidades psicomotoras d@s xogador@s.

Representacións:  23.5.09:  18,30 hs. a 21,30 hs.  Pista da Xunqueira
                              24.5.09:  18 hs. a 21,30 hs.  Pista da Xunqueira

 

 

 

 

OS CROQUETAS 

     
A comezos do pasado ano, a vida xuntou a Toti, Viento e Candu: tres personaxes curtidos en mil batallas coa intención de facer música e troula. Xuntaron gaita, cavaquiño, acordeón e castañolas e dende aquela, coa súa filosofía de rular pola gorra, xa deron tralla en Málaga, Donosti, Barcelona, Cádiz e mesmo Roma. Non se sabe nada de que o Papa se queixara……

 

THE TURRE’S BAND     (Galicia)


En Redondela non hai Festival sen bonecos e tampouco pode habelo sen que os músicos de Torroso veñan animar co seu talento e ganas de troula a presenza de tanta xente nas rúas. As súas versións sorprendentes cheas de frescura interpretativa forman xa parte do decorado anual do mes de maio en Redondela.

Representacións :  23.5.09: 17 hs.  Xardíns da Alameda
                              19 hs. Paseo da Xunqueira
                              20 hs. Casa da Torre


                              24.5.09:  18 hs. Pista da Xunqueira
                              19 hs. Praza Fonte de Santiago
                              20 hs. Casa da Torre.

 

CENCERRO NEJRO 

                             
Arredor de vinte músicos chegados do Conservatorio de Música de Vigo e diversas formacións musicais da bisbarra compoñen este bloco de percusión que, como non podía ser menos, combina diferentes ritmos latinos e afrocubanos, destacando as sonoridades brasileiras no seu repertorio.

 

"TITERES “POLA GORRA”


Este ano o FESTIVAL abre ás portas a diversas compañías que non estando no programa oficial, non queren deixar de vir a Redondela para presentar a súa arte teatreira.
Son agrupacións que recuperan a tradición do fantocheiro itinerante, de vila en vila, traballando pola gorra, polas moedas (ou millor billetes) que as máns dadivosas do público deixan cair no seu chapeu. Invitámosvos a participar da tradición e descubrir estas compañías  e os seus chapeus polas prazas da vila.

 

TITERES ALAKRAN


Francisco Borxa comezou na Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Despois, traballando en varias compañías:Ostras, Ts Alakrán.

 

RUDIE  DUDIE


Este pallaso belga residente en Pontevedra visita Redondela con frecuencia. No seu espectáculo “Clowntamination”  converte en gargalladas as situacións máis surrealistas, conseguindo que mesmo o espectador máis aborrecido  tire para fora o pallaso que dolos levamos dentro.