COMPAÑÍAS SALA 2011

THE FIFTH WHEEL ( Rusia )

The Fifth Wheel é una compañía rusa fundada por graduados da Academia de Teatro de San Petersburgo e Siberia, que combinan a educación de monicreques clásica rusa coas influencias do estilo europeo.
Os seus espectáculos están centrados no xénero de “títeres de variedades”, breves comedias ou números cunha técnica perfecta, que lles abriu as portas dunha intensa actividade internacional .
Teñen participado en Festivais de medio mundo.

Cabaré de fíos ( marionetas de fíos )
Sen texto e co ritmo como base,  esta obra proponnos unha brillante proposta de monecos onde se mestura o teatro, a música e tamén o humor, a través dos personaxes que se suceden nos diferentes números.
Un espectáculo que desfará calquera estereotipo sobre o teatro tradicional de marionetas de fío.

Día 24/5  ás 11.00  e 12.30 h: Auditorio do Piñeiral do Crego, Chapela  (escolares).
Día 25/5  ás 11.00  e 12.30 h:  Auditorio da Xunqueira, Redondela  (escolares).
Día 26/5 ás 21.00 h:  Auditorio da Xunqueira, Redondela (todos os
públicos).

TITIRIGUIRI ( Madrid )
Titiriguiri, Teatro de Títeres, naceu co firme propósito de trasladar aos máis pequenos a maxia dos monicreques, a maxia do teatro e o  poder da imaxe, apostando por un teatro de calidade para a infancia.

El viaje de Martín  (varias técnicas )
Trátase  dunha  proposta innovadora onde títeres, teatro e debuxos animados dan a man nunha viaxe audiovisual, tendo como soporte un grande lenzo articulado no que  interactúan constantemente os títeres, os debuxos e unha actriz titiriteira que é a encargada de dar vida desde dentro ao espectáculo, xunto co programador audiovisual que o fará desde fóra.
Todo isto conforma o universo de Martín na súa  nova aventura.
A viaxe de Martín é un percorrido de como un porco pode cambiar o seu destino.

Dia 26 ás 12.30 h: Auditorio da Xunqueira, Redondela  (escolares).
Dia 27 ás 12.30 h. Auditorio da Xunqueira, Redondela  (escolares).
Dia 28 ás 17.00 h: Auditorio da Xunqueira, Redondela  (todos os públicos).

 

ARSENIO MARTINS ENSEMBLE ( Portugal/Francia )
Arsenio Martins é pianista e compositor musical que leva percorrido medio mundo coa súa música. O éxito dos seus traballos radica no seu gusto por mesturar a alegría da música e a forza da imaxe, combinación poética que leva ao espectador a viaxar polo mundo das sensacións.

A maxia de Meliés
Tanto nas orixes do teatro como do cine as imaxes acompañábanse da música en directo. Cando chegaron as novas tecnoloxías xa non era preciso que os músicos tocasen. Así,  este espectáculo recobra aquela vella tradición de facer a banda sonora no momento e cos músicos no escenario.
A Maxia de Meliés é un universo moi singular onde a música leva da man as imaxes,  ou ao revés.

Día 25/5 ás 21.00h. Auditorio da Xunqueira, Redondela ( a partir de 8 anos ).

 

PERIFERIA ( Murcia )
Periferia Teatro adícase desde o ano 1989 á investigación e ao coñecemento do Teatro de Títeres. As producións de Periferia Teatro contan cun guión literario propio, o que lles permite conxugar reflexión e diversión con novos argumentos extraidos da actualidade infantil cotiá.
Coidando sempre tanto a temática como a proposta escénica, perseguen a idea de converter o espectador  en parte activa da representación.

Guyi-Guyi ( Manipulación directa )
Guyi Guyi é una adaptación libre do conto “O parrulo feo”. Guyi Guyi fala da busca da identidade nesta sociedade tan globalizada.
Que pasa cando os demais te ven diferente?
 E cando ti te ves diferente aos demais?
Guyi-Guyi é un crocodilo que non sabe que o é. Non é fero nin voraz. Non sabe comportarse coma os outros. Guyi-Guyi terá que seguir o seu instinto e aprender como debe actuar para ser un “bo crocodilo”.

Día 27/5 ás 21.00 h: Auditorio da Xunqueira, Redondela (todos os públicos ).

Premio ao mellor espectáculo de Títeres na Feira Internacional de Teatro para nenos e nenas FETEN 2010. Premios DRAC D’OR ao mellor espectáculo para nenas e nenos e á mellor interpretación na “XXIª Fira de Titelles de Lleida” 2010.

PELMANEC ( Cataluña )
Cunha longa traxectoria nas súas costas, foi  co-creador de espectáculos que deixaron  unha fonda pegada na lembranza dos espectadores como Poemas Visuais da Cía Jordi Bertran ou O avaro de Tàbola Rassa, compañía da cal tamén é fundador. Miquel Gallardo,  logo do seu paso por diversas producións de televisión, volta  ao  teatro cun novo proxecto creativo e un novo espectáculo: “Don Juan. Memoria amarga de mí”, que estrea oficialmente en Segovia durante o Festival Titirimundi ‘09.

 

Don Juan. Memoria amarga de mí ( varias técnicas )
Don Juan é un personaxe que afunde  as súas raíces nas lendas e romances populares.
Símbolo da irreverencia e da transgresión social e espiritual, a inspiración teatral dos dramaturgos Tirso de Molina, Molière e José Zorrilla, converteron  este personaxe en mito.
A  recreación deste mito en distintas épocas (contrarreforma, barroco, romanticismo, modernidade), culturas (España, Francia, Inglaterra, Alemaña), e xéneros (teatro, ópera, poesía, novela), fálanos de que  Europa sénteo coma un heroe propio.
En palabras de María Zambrano: “a historia de Don Juan remítenos á historia da soidade e da liberdade do home moderno: unha intricada historia que agarda aínda ser contada na súa magnitude e complexidade”.
Día 28 ás 21.00 h:  Auditorio da Xunqueira( adultos ).

 

EL ESPEJO NEGRO ( Andalucia )


Angel Calvente é completamente autodidacta e cun selo absolutamente orixinal crea a Compañía teatral El Espejo Negro (1989).
Cunha linguaxe propia e cunha técnica de manipulación e construción de marionetas moi depurada, irrompe no mercado teatral revolucionando o mundo dos títeres, que  ata ese momento estaba enfocado a un público infantil.
Pioneiro na montaxe de espectáculos teatrais de marionetas para adultos, rompe con todos os moldes preestablecidos ata o momento coa súa obra.

El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide
Esta é a historia de Jonás, un diminuto e  pequeno espermatozoide que se negaba  a concursar na grande carreira da fecundación. Prefería durmir e vaguear placidamente  no interior do testículo onde vivía. Pero o tempo acabábase, e o noso  vago e durmiñón espermatozoide tiña que emprender a viaxe máis fantástica e alucinante de toda a súa vida. Unha viaxe sen retorno, chea de perigos e aventuras na busca do óvulo perdido…

Día 29 ás 17.00 h e 21.00 h.  Auditorio da Xunqueira, Redondela.

 

ARBOLÉ TÍTERES ( Aragón )

Teatro Arbolé naceu  en Zaragoza en 1979 como unha pequena compañía de títeres. Hoxe, tres décadas despois, temos afianzado un proxecto que non só xera cultura e ilusión, senón tamén postos de traballo, e que leva transcendido no marabilloso mundo dos títeres para consolidarse como unha empresa produtora, programadora, exhibidora, formadora e editora.
Como compañía, son xa máis de 9.000 as representacións feitas, e diso dan boa conta as 770 poboacións que visitou nestes anos. Aragón e todo o territorio nacional, América Latina, Europa, ademais do deserto Saharaui (Alxeria) e Corea do Sur, en Asia. Cos seus espectáculos, Arbolé sempre busca divertir, encantar, facer que o teatro sexa algo fabuloso para todos os públicos e perdure na lembranza.
“Carromato de Títeres “ ( marionetas de luva )A través de Federico García Lorca chegou ata nós a vella tradición do “teatro de cachiporra”. Don Cristóbal en España, Puch de Inglaterra, Guiñol de Francia, Don Roberto en Portugal, Polichinela en Italia, non son senón distintas facianas dun  mesmo personaxe, que en cada lugar tomou as peculiaridades locais, pero cun innegable tronco común.
Lamentablemente no noso país perdeu  esa tradición entre o esquecemento dos duros anos da posguerra e a utilización maniquea e interesada da “moca”. O xénero foise degradando ata a súa práctica desaparición. Recentemente distintos titiriteiros están a rescatar este clásico teatro de participación do seu inxusto esquecemento, tratando de devolverlle o seu verdadeiro sentido e a súa xusta dimensión.

Dia 28/5 ás 17.30 e 20.00 h: Praza Reveriano Soutullo
Dia 29/5 ás 13.00 h: Xardíns da Alameda. E ás 17.30 e 20.00 h: Praza Reveriano Soutullo.

"Trigedias de Amor y cuernos"( Bululú )
Recolle a mellor tradición do bululú galego, con dous textos inmortais na tradición titiritera: "Los cuernos de Don Friolera", de Valle Inclán,  e "El retablillo de Don Cristóbal",de Federico García Lorca, ambos os dous contados á  maneira do Bululú galego.
O cego que fai do seu corpo e a súa capa retablo e se apoia nos monecos para recuperar a esencia do Teatro, o teatro en bruto, a catarse da cachiporra.
As dúas historias veñen  introducidas polas coplas e o viño de Nicanor Parra.
Cego, viño e monicreque mestúranse para recobrar a tradición máis xenuína do xograr. Tratar de unir tradición e vangarda é o obxectivo deste espectáculo unipersoal a cargo de Iñaqui Juárez Montolío.

Dia 28/5 ás 23.00 h: Café O Barco ( adultos ).