O PASTOR

 

Pablo Giráldez Rio (O PASTOR) .

Pai da imáxe gráfica do Festival Internacional de Títeres de REDONDELA e membro da asociación "Xente Titiriteira"dende a súa primeira edición no ano 2000.

O pastor ten unha longa traxectoria dentro do deseño gráfico con series de carteis dunha provocativa sinxeleza, a escenografía teatral para grupos como Teatro do Morcego, Ningures, Tanxarina, ou o Centro Dramático Galego, entre outros e portadas de discos para grupos como Chouteira, Os Cempés, Malvela, Nordestinas , Discópolis de radio 3, etc.

Cartelista premiado en diversas ocasións , ten deseñado para o Festival de Títeres de Vilagarcía, Festival Redondela en curto, , Mostra de Instrumentos de Música tradicional”de Pardiñas, etc. Compaxina o deseño e a escenografía coa Pintura, e ven de amosar a súa derradeira exposición "ALMANAQUE AGRÍCOLA" por diferentes pobos e cidades galegas.

:

opastormoitotraballa@yahoo.es