TÍTERES “POLA GORRA”
Esta é a sección do Festival que ven medrando dun xeito máis destacado.Acollemos nela aos artistas e titiriteiros que ofrecen o seu traballo e talento como fixeron dende sempre os cómicos ambulantes: “pola gorra ”Nos seus chapeus, puchos e boinas serán benvidas as moedas e festexados os billetes!
!Colaborade con eles!
É a sección do Festival que abre as portas a diversas
compañias que, non estando na programacion oficial, non queren perder a oportunidade de vir a Redondela para mostrar o seu traballo nun marco incomparable como é este Festival Internacional de Títeres. Son agrupacións que recuperan a tradición do fantocheiro itinerante que vai de vila en vila traballando pola gorra.
Invitámosvos a participar e disfrutar desta tradición, descubrindo estas compañías e os seus chapeus polas prazas da vila de Redondela
|